O CAMIÑO DE SANTIAGO

29/2/24

CONTACONTOS... "EL CABALLERO Y EL DRAGÓN"

Hoxe xoves, na hora do recreo tivo lugar outro contacontos por parte do alumnado voluntario da biblioteca. 

Esta vez contaron "El caballero y el dragón" e fixérono xenial!!

 


 


Para o vindeiro mes, outro grupo será quen nos deleite con outra historia así que... estade atentos!!


23/2/24

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 23 DE FEBREIRO


 

Para conmemorar o día de Rosalía, esta semana tivemos unha interpretación teatral con recitado de poemas por parte dun grupo de veciñas e veciños da Barquiña.

Aprendemos un pouco sobre a súa vida e obra, pero sobre todo pasamos un moi bo rato.



Durante o tempo de lecer no recreo, o alumnado que foi á biblioteca puido realizar uns acrósticos co nome da homenaxeada, escribindo palabras significativas dela. Ademais de poder ler a escolma de libros do expositor. 





15/2/24

ENTROIDO DE XOGOS E VIDEOXOGOS

Continuando co estudo e traballo sobre "Os xogos e videoxogos clásicos" que estamos a levar a cabo neste curso, para celebrar o Entroido que mellor maneira de facelo que representar este tema.

Así foi como cada aula, ideou a forma de disfrazarse representando o xogo ou videoxogo que está a investigar, empregando para iso diferentes materiais e tamén coa axuda das familias.

Puidemos ver un gran desfile con xogos e videoxogos diferentes, tales como: oca, tetris, xadrez, super mario, dominó, barralla, futbolín, damas, parchís, pac man, serpes e esqueiras e o pin ball.

Tamén tivemos grandes bailes e música...


 

 


5/2/24

DÍA DA PAZ

O pasado martes 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz con diferentes actividades.

Primeiro todas as titorías traballaron previamente nas aulas este tema tan importante, e co lema de "Unha infancia perdida nun mundo de guerra" creouse un dorsal individual plasmando as nosas mans e simbolizando a sangue. Portando os dorsais, que representaban a nosa repulsa a todas as formas de violencia sobre todo aquelas nas que o sufrimento dunha guerra pasa a ocupar o lugar da infancia, fixemos a andaina pola contorna na que as familias tamén participaron.

Todo o alumnado e profesorado, levou o seu dorsal á biblioteca para completar nun mural co símbolo da paz, representando así a nosa mensaxe.


Despois do recreo, o alumando de primaria foi á biblioteca para escoitar o conto "¿qué haces con un problema?" que serviu para introducir á presentación da Mediación escolar no centro.

 


Mentres o alumnado de educación infantil, desfrutou cantando e bailando as cancións pola paz.




 


 

 

 

 


3/2/24

CONTINUAMOS OUTRA SEMANA DE TALLER

Continuamos outra semana co taller de hama beads na biblioteca.

Durante a hora do recreo, os nenos/as que non puideron participar na primeira semana, fixérono nesta e continuaron con moitas ganas e sen parar, para construír o seu símbolo da Paz.

Aquí algunha mostra máis do traballo feito.




 


1/2/24

CUARTO RETO DE REPEPICO

No mes de Xaneiro, tivemos o cuarto reto. Desta vez,  Repepico púxonolo bastante doado cos emojis, había que adiviñar os títulos de oito contos clásicos.


Xa temos as respostas que case todos/as os participantes acertaron, agardarmos que o seguinte reto, que xa está colgado no taboleiro da biblio, sexa igual.