O CAMIÑO DE SANTIAGO

7/6/18

AUDIOVISUAIS

Como remate do proxecto anual da biblioteca "Luces, cámara, acción" cada curso elaborou unha produción audiovisual. Aqui as tedes todas. Disfrutade do traballo ben feito!

3/6/18

SEXTILIBROS

Igual que en anos antriores o alumnado de 6º publicou os Sextilibros.
Una vez lidos e valorados, aquí temos os gañadores;
1º premio:
A miña vida, o surf, de Mateo
2º premio 
Doces soños, Carlota 
3º premio 
A casa encantada, de Antón

LETRAS GALEGAS


µ       Contamos tamén, como todos os anos, coa actuación de Serafín Marcos que nos veu presentar a Mª Victoria contándonos detalles moi interesantes da súa vida e obra.
SERAFIN on PhotoPeach

LETRAS GALEGAS


Realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data tan importante.
µ       En primeiro lugar colocamos na entrada do colexio un mural coa imaxe de Mª Victoria Moreno lendo un libro.

µ       Apadriñamentos lectores: Por primeira vez levamos a cabo os padriñamentos lectores, emparellando cursos da seguinte maneira:
Ø  Alumnado de 5º e 6º de primaria co alumnado de E. Infantil
Ø  Alumnado de 4º de primaria co alumnado de 2º curso
Ø  Alumnado de 3º de primaria co alumnado de 1º curso.
O alumnado dos cursos superiores levou unha invitación aos seus posibles afillados lectores preguntándolles se querían ser os seus afillados lectores, os pequenos responderon e o día indicado os maiores foron buscar aos seus afillados lectores, saíron ao patio con eles e léronlles o libro que previamente escolleran e prepararan nas aulas.
A experiencia resultou moi satisfactoria para todas e todos.
Apadriñamentos terceiro on PhotoPeach Apadriñamentos cuarto on PhotoPeach apadriñamento 5ºA on PhotoPeach Apdriñamentos 6º A on PhotoPeach Apadriñamentos 6ºB on PhotoPeach
Apadriñamentos 5ºB Infantil D on PhotoPeach

Carteis día da muller

Para conmemorar este día nas aulas traballouse o tema de “As nosas Heroínas”. Pedíuselle aos nenos e nenas que pensaran en quen eran as súas heroínas, mulleres importantes na súas vidas e por que nas peículas os heroes son case sempre homes. Con isto elaboráronse murais que pasaron a decorar a nosa biblioteca.








DÍA DA MULLER





.



DÍA DE ROSALÍA


Celebramos o día de Rosalía cunha actuación dos voluntarios de sexto da biblioteca que prepararon un recitado de poemas de Rosalía para o alumnado de E. Infantil do centro. Rematamos cantando co profe Santi "O moucho" de Rosalía de Castro, musicada por Pablo Díaz. O alumnado de 5º A rapeou “ Adios ríos, adios fontes.”





























Rematamos o acto cantando todos co profe Santi