O CAMIÑO DE SANTIAGO

23/1/19

Un novo comezo

Aínda que xa fai uns meses que a nosa biblioteca botou a andar co novo curso 2018/2019, este ano decidimos facer unha "revisión" dos espazos e dos fondos cos que contábamos, co obxectivo de facer máis funcional e racional o seu uso. Por este motivo tardamos un tempo en poñernos en marcha, pero xa estamos no bo camiño. Agardamos que o traballo feito fose o máis adecuado para todos aqueles que asisten a biblioteca do noso centro.

Estes foron algúns dos cambios que realizamos:

A distribución espacial, seguindo a CDU e temáticas que o equipo de biblioteca considera de especial interese.




Unha nova distribución dos fondos atendendo a orden alfabética por autor e grupos de idade (fondos de literatura infantil). Deste xeito facilitamos a búsqueda de materiais na nosa biblioteca ao alumnado e aos membros da nosa comunidade educativa.  

      



O traballo realizado deu lugar un unha nova iniciativa que vos contaremos na seguinte entrada de deste blogue.

Cambios na sinalización de espazos. Nos que o noso benquerido Repepico axuda a ubicarse facilmente ao usuario, mediante o código de cores dos libros e as seas pancartas.