A alumna Smahan Essaidi de 5º de educación primaria ven de gañar o 1º premio na categoría infantil na IX edición do concurso de microrelatos organizados pola Real Academia Galega (RAG).
O relato premiado titúlase " Bo proveito" e integra costumes gastronómicas tanto da cultura galega como da marroquí cun chisco de retranca galega.
Non podemos estar máis orgullosos/as do teu talento e amor pola nosa lingua.
Parabéns Smahan!

No hay comentarios:
Publicar un comentario