O CAMIÑO DE SANTIAGO

24/1/19

Un proxecto MADE IN.... Repepico: " A NOSA RÍA"

Cada ano desde a nosa biblioteca temos a "mala costumbre" de liarnos unha manta a cabeza e comenzar o curso cun novo proxecto. Despois das consabidas votacións, recontos,... etc, o tema escollido resultou ser "A NOSA RíA". Así que moitas das publicacións deste blogue no presente curso estarán relacionadas con esta temática.



O equipo de biblioteca tomou como eixo central A RíA de NOIA para elaborar un mapa conceptual que nos servirá de guión do traballo a facer durante todo o ano. Este mapa recolle aqueles aspectos básicos propostos para todo o centro co ánimo de que cada curso participe investigando sobre:


A primeira proposta, consiste en repartir o traballo e na elaboración dun gran mural que permanece na biblioteca durante todo o curso e que se vai completando con diversas achegas das aulas. Como todo sempre ten o seu comezo, a sección de: "arte e deseño e malabarismos varios" deixou este outro mapa...