O CAMIÑO DE SANTIAGO

23/3/24

PDI: OS XOGOS E VIDEOXOGOS

Como cada ano, dende o comezo de curso o Equipo de Biblioteca poñemos en marcha un novo proxecto xunto coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Actividades Complementarias e Extraescolares. Como ben sabedes, neste curso o noso PDI (Proxecto Documental de Centro) son os "XOGOS E VIDEOXOGOS"

Así dende o comezo de curso, cada titoría elixiu un xogo ou videoxogo para poder investigar diferentes aspectos do mesmo, como por exemplo: orixe, tipo de xogo, partes, números xogadores,  regras, variantes, curiosidades,...

Dende a nosa biblioteca seguimos apostando pola integración na vida do centro e polo traballo con diferentes tipos de textos, por iso, coa información recollida nas titorías sobre o PDI, propúxose o traballo do texto informativo plasmando nun cartel todo o que estudaron e aprenderon para poder mostrar a toda a comunidade educativa e co fin de enriquecernos todos e todas.

Se queredes ver como quedaron, podedes pasar pola nosa biblioteca, aquí unha mostra...














22/3/24

DÍA DA POESÍA

 Polo día da poesía...

O alumnado de 5º de primaria, xunto coa súa mestra de Galego, o mestre de música e un múscio da zona, prepararon un recitado de poemas de Rosalía de Castro, e  acompañados da guitarra visitaron o asilo público de Noia.

Alí fixeron un bonito recitado para as mulleres maiores que alí residen, ademais agasallaron a cada usuaria con uns paxariños feitos polos alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria do centro.

Aquí tedes o enlace con un vídeo do mesmo: https://youtu.be/NaUvorqTxxU?si=dyjz6mdTfy2CXxtn

Foi unha actividade moi positiva, que acolleron tanto o alumnado implicado como as destinatarias, con gran motivación.




18/3/24

CONTACONTOS... "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERO AQUILO NA CABEZA"

 Hoxe luns, na hora do recrero, outro grupo de voluntarias na nosa biblioteca fixeron o contacontos para todos os nenos/as que quixeron asistir.

Contaron o conto: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e para iso empregaron unhas personaxes moi especiais que facían unhas cacas particulares... menudas risas nos puidemos botar!!



 O próximo mes, outra contacontos con outra nova historia... así que moi atentos a nosa biblio!!


9/3/24

MULLERES QUE NOS IMPORTAN - 8M

 8 DE MARZO- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Grazas a colaboración das familias, cada titoría creou un cartel-composición coas mulleres importantes para os nenos e nenas, traballouse sobre o tema nas aulas e como homenaxe a todas esas mulleres, na biblioteca expuxemos todas as composicións.

 


 

Cada composición converteuse nun crebacabezas, para ilusión dos nenos e nenas que quedaron sorprendidos e cos que poderemos xogar  unha e outra vez.

 

Ademais fixemos unha selección de libros relacionados co tema que se colocaron no expositor da biblio a disposición de toda a comunidade educativa.


 

Sigamos traballando e concienciando para que todos os días sexan o día da muller e acadar esa igualdade real de xénero.

1/3/24

QUINTO RETO DE REPEPICO

No mes de Febreiro, Repepico propuxo un novo reto, pareceu tan chamativo que animou a máis nenos/as a participar.

Apareceron as imaxes de diferentes sombreiros e había que adiviñar de que personaxes eran... pero algún foi un pouco díficil!!


Xa están as respostas colgadas no taboleiro da biblioteca, e con elas moitas das dúbidas que este reto creou.

Así que, veremos que nos deparará o próximo reto...