O CAMIÑO DE SANTIAGO

20/11/20



25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o Equipo de Biblioteca queremos compartir unha serie de contos que tratan desde diferentes perspectivas a igualdade de xénero. Neste curso a exposición de libros estará situada no vestíbulo do colexio e cada titoría pode escoller aqueles contos que lle resulten máis interesantes, si ben están clasificados por idades nos estantes do noso expositor. 

Tamén compartimos diferentes vídeos sobre estes contos para a súa visualización na aula, xa que este curso sabedes que debemos manter as medidas de seguridade tamén nos días de celebración e conmemoración.

Esperamos que vos resulten interesantes e divertidos, e que a celebración desta data especial non se limite ao 25 de novembro porque a coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano!




ARTURO Y CLEMENTINA
Adela Turín
Conta a historia de dúas tartarugas que se namoran. Ao principio, todo vai ben pero Arturo enfádase se Clementina sae de casa e vaina cargando de toda clase de obxectos inútiles... Clementina séntese pequena e infeliz. Poderá escapar desta situación cunha cuncha tan cargada?



ROSA CARAMELO.
Adela Turín
No país dos elefantes ás elefantitas téñenas nun corralito, vestidas de encaixes, comendo peonías e moi aburridas mentres os elefantitos gozan xogando no xardín... pero a unha delas non se lle dá nada ben iso de ser elefanta.
Aquí podedes gozar do conto.


O PAÍS DOS MANDONS
No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o Día Internacional das Mulleres.



EL PRÍNCIPE CENICIENTO
Unha revisión do conto de Cincenta onde cambian os roles. Un conto para poñer aos nenos noutro tipo de papeis.


Hai sen dúbida moitos contos máis para abordar este tema, nós poñémosvos unha pequena selección. Algúns están na biblioteca e os que non están chegarán pronto.



Un saúdo de Repepico ! ! !




REPEPICO VIAXA POLOS 7 CAMIÑOS



Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Bibliotecas Escolares vos propoñemos a realización dun conto viaxeiro co título “Repepico polos 7 Camiños”


A mascota da nosa biblioteca, Repepico, vai a realizar unhas viaxes moi interesantes polas diferentes rutas do Camino de Santiago, nas que irá aprendendo moitas cousas interesantes coa axuda de cada grupo de alumnas e alumnos. 


Repepico xa está preparado co seu sombreiro e bastón de pelegrín.  E vós?  

Xa estados preparados para viaxar con el e vivir interesantes aventuras?





 


 


 


6/11/20

Como en cada comenzo dun novo curso,  dende o Equipo de Biblioteca poñemos en marcha un novo proxecto. Este ano, co motivo da celebración do Ano Santo no 2021, o noso proxecto comprenderá unha investigación sobre O Camiño de Santiago co noso alumnado.

Para aprender moitas cousas interesantes sobre este tema, investigaremos sobre diferentes aspectos como por exemplo a súa orixe, os diferentes camiños, os pelegríns, os ritos, a simboloxía e arte relacionada co Camiño de Santiago. 

O alumnado do centro participará naquelas actividades que pronto poremos en marcha. Aquí tedes os diferentes aspectos que dende o Equipo da Biblioteca propoñemos para realizar unha traballo de investigación durante todo o curso escolar. 

Agardamos que vos guste a nosa proposta!

O Camiño de Santiago

                  
                        A orixe                          

                                          
  

Os diferentes camiños

                                  
               


                                     Simboloxía                                       

                                            

       

    Pelegríns

                        




Arte no Camiño