O CAMIÑO DE SANTIAGO

21/11/13

Olaaaa! Uf, pensei que se olvidaban de min. Por fin, aquí estou e moi metido xa na faena. Este curso vai de contos, si si, contos clásicos, e aquí a miña dereita podedes xogar adiviñando que contos representan estes debuxos, eu xa sei todos pero non o digo...
Espérovos na Biblioteca ímolo pasar moi ben.

27/6/13

FIN DE CURSO

Mirade que guapo estou
E non paramos.....
Neste último trimestre estivemos facendo montóns de cousas! Esto foi un sin parar! Menos mal que xa veñen as vacacións....
E  que ata o último día esta biblioteca estivo ocupadísima. Tivemos teatro, concerto e festa..









Se queredes ver máis fotos, ide á galeriía da páxina do cole 

22/5/13

E por fin chegou o día das "Letras Galegas", menuda semana de actividades...visita de R. Vidal Bolaño (bueno representado polo sin par Serafín Marcos), un mago que nos sorpredendeu, un repaso das aves das nosas praias...como vedes foi moi intensa esta semana.
Por suposto podedes compartila con nós, vendo estas fotos que vos subimos aquí.

2/4/13

QUE BEN O PASEI ESTE MES!!



QUE MES DE MARZO MÁIS ENTRETIDO!
Pasei un mes de marzo de marabilla, rapaces e rapazas, vouvos contar:
O día 6 veu Anxo Moure contarnos historias de árbores e dos personaxes que viven nas fragas. Ensinounos a respectar as nosas árbores e a coidar a natureza.

Ata o día 8 tivemos unha exposición de libros sobre mulleres que todas e todos viñeron ver.
_

E despois fixeron uns traballos moi interesantes







Durante todo o mes tivemos aquí a maleta viaxeira da poesía e para rematar un recitado de poesía e diferentes traballos nas aulas.






24/2/13

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro as Bibliotecas Escolares recordamos a Rosalía no día do seu nacemento, especialmente este ano no que se conmemora o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Esta preciosa  pegatina foi creada na bilioteca Xoan Farias
E se queredes saber máis sobre Rosalía de Castro, visitade estes outros blogs de bibliotecas escolares:
Escoitade que ben recitan os nenos e as nenas de terceiro un fragmento de "Cantares gallegos"

3/2/13

ENTROIDO NO COLEXIO


Luns:
 Se enfeitizado queres estar,
          a cara terás que pintar.
 Martes: 
Para parecer Aladín
             trae na cabeza un calcetín
Mércores:
 Para vir de pitonisa Lola
                trae pañoleta e saia, verá como mola
Xoves:
 Como o entroido está a chegar
              lixeiriño un disfraz has de buscar
E por fin o gran día... menudo desfile!!!
 

FINA CASALDERREY




     FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA


                        


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!



Ola, aquí estou con esta xigante árbore de nadal feita con tódalas postais que fixeron os nosos alumnos/as. En cada unha hai unha bonita mensaxe de felicitación, e por suposto tamén está a miña, non ía faltar!!!
Agora dareivos unhas recomendacións para que disfrutes de interesantes lecturas estas vacacións...


CELSO EMILIO FERREIRO ( Celanova 1912-1979 Vigo) 

DEITADO FRENTE AO MAR 
 Lingoa proletaria do meu pobo
 eu fáloa porque sí, porque me gosta, 
porque me peta e quero e dame a gaña 
porque me sai de dentro, alá do fondo 
dunha tristura aceda que me abrangue
 ao ver tantos patufos desleigados, 
pequenos mequetrefes sen raíces
 que ao pór a garabata xa non saben
 afirmarse no amor dos devanceiros
, falar a fala nai, 
a fala dos abós que temos mortos,
 e ser, co rostro erguido, 
mariñeiros, labregos da lingoaxe,
 remo i arado, proa e rella sempre.
 Eu fáloa porque sí, porque me gosta 
e quero estar cos meus, coa xente miña, 
perto dos homes bos que sofren longo
 unha historia contada noutra lingoa. 
Non falo pra os soberbios,
 non falo pra os ruís e poderosos, 
non falo pra os finchados, 
non falo pra os estúpidos, 
non falo pra os valeiros, 
que falo pra os que agoantan rexamente 
mentiras e inxusticias de cotío;
 pra os que súan e choran 
un pranto cotidián de volvoretas, 
de lume e vento sobre os ollos núos.
 Eu non podo arredar as miñas verbas
 de tódolos que sofren neste mundo. 
 E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas
deitada frente ao mar, ise camiño.

O CEIP Plurilingüe "Alexandre Rodríguez Cadarso", sumase a celebración dos cen anos do nacemento do poeta celanovés que celebrase neste ano 2012. Dende o noso Centro quérese contribuír a difundir o seu extraordinario legado. Así dentro da actividade da radio do centro, lerase o poema "Deitado frente ao mar".