O CAMIÑO DE SANTIAGO

8/3/23

8M: Día Internacional da Muller

 Para conmemorar o 8 de marzo, dende a biblio propúxose que cada clase investigara un chisco e elaborara un cartel sobre unha muller galega destacada, relacionada co ámbito dos obxectivos de desenvolvemento sostible que estamos a traballar este ano. 

Hoxe e mañá, todo o alumnado do cole estamos visitando a exposición situada na biblioteca. Deixámosvos algunhas fotos por aquí para que vexades o ben que quedou.









Día de Rosalía de Castro

 O pasado 23 de febreiro adicouse a Rosalía de Castro. Na biblio, algúns alumnos e alumnas buscaron información sobre ela e entre todas e todos obtivemos este vídeo no que nos contan varios aspectos da súa vida. 

Clicade na imaxe para poder ver o vídeo.