O CAMIÑO DE SANTIAGO

19/1/20

Contacontos “Príncipas e Princesos”

O día 14 deste mes tivemos na biblioteca un contacontos sobre a Igualdade. Tratábase de “Príncipas e Princesos” de Os Contos de Pablísimo.


“¡Faise saber que se buscan príncipes rosas... e princesas azuis! ¡Faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de Príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!”.

A través de diferentes contos e historias atípicos e moi divertidos, vánse desmontando diversos estereotipos e roles de xénero e fáisenos reflexionar sobre a igualdade.

Neste caso, os asistentes foron os nenos e as nenas de Infantil.





















Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.

16/1/20

Contacontos en Inglés

O día 10 deste mes tivemos, na nosa biblioteca, dous contacontos en inglés moi divertidos.


Os nenos e as nenas de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, acompañaron a Milly, a serea, nas súas aventuras no fondo do mar. 

Contámosvos un pouco:
O que máis desexaba Milly... eran unhas pernas. Ao máis estilo do clásico conto de Andersen. Unhas pernas para andar, correr, bailar e o mellor de todo: para xogar ao fútbol! Pero un non sabe o que ten ata que o perde e cando Milly consegue as pernas, grazas á Raíña do Mar, dase conta do que de verdade importa e de que as sereas sempre van pertencer ao mar porque esa é a súa natureza.



Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, acompañaron a Meg, unha nena que sempre soñou con traballar nun circo.

Contámosvos un pouco:
Meg sempre soñou con ser artista e traballar nun circo, como fixera o seu avó. Cando o circo nacional visita a súa vila cre que os seus soños poden convertirse en realidade. 
Neste contacontos vemos a Meg a preparar o seu número e coñecemos o mundo do circo, cheo de cores, aplausos e aventuras disparatadas.
Pero, cando a nena descobre a realidade destes espectáculos, replantéxase se é ao que se quere dedicar o resto da súa vida e se eses animais merecen estar engaiolados ou teñen dereito a desfrutar da súa liberdade.



 
Estiveron moi participativos e bailaron e cantaron sen parar!



Saúdos,

O Equipo de Biblioteca.

14/1/20

Talleres de Nadal

Aí vos van os talleres que fixemos a semana antes de marchar de vacacións de Nadal.
Contamos coa axuda dos nenos e das nenas máis maiores do cole para que nos axudasen a levalos a cabo. Fixérono de marabilla e crearon adornos tan bonitos como os que vedes nas fotos.

Eses días tivemos moita afluencia na biblioteca.
Quedou unha árbore moi bonita.












Vaia estrelas!



















Esperamos que vos guste.

Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.