Despois de indagar na nosa biblioteca, xa temos a resposta ó reto...
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Arranca unha nova actividade na biblio, co motivo da celebración do día da poesía Repepico deixa o primeiro dos retos...
Quen será o autor do fragmento deste poema?
Co gallo da conmemoración do 8M, e seguindo a lima da temática do noso PDI (o mar e as embarcacións), decidimos facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres, membros das familias do alumnado que están vencelladas ao mar e á navegación.
Elas compartiron connosco as súas historias vitais: lembranzas pasadas e presentes, anécdotas, sentimentos e emocións… con diferentes fotos e vídeos que nos serviron para dar forma a "Enredadas", unha proposta co fin de dignificar as mulleres do mar.