O CAMIÑO DE SANTIAGO

27/11/23

25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Repepico fai unha recopilación de RECOMENDACIÓNS LECTORAS da nosa biblioteca para o día 25 de Novembro, con motivo da celebración do día da non violencia de xénero.

De esta escolma de libros, cada aula elixiu un e ilustrou as ideas contra a violencia de xénero poñendo cor. Podedes pasar pola biblioteca para ver o resultado da exposición. Aquí a mostra...

 

 

 

 

 

 



20/11/23

CIENCIA NA BIBLIOTECA

Novembro é o mes da ciencia, e dende a nosa biblioteca propuxemos un taller con diversos experimentos para o alumnado interesado en converterse en científicos por un ratiño.

Na hora do recreo a biblioteca converteuse nun laboratorio para experimentar e desfrutar!!

 

Ademais teñen a súa disposición unha escolma de libros relacionados co tema na sección de investigación e o tan interesante microscopio que non para de funcionar.





 


 


 


4/11/23

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras comezan as súas andaduras... e algúns dos nosos voluntarios foron os encargados de poñelas a andar repartíndoas polas clases.

Este curso van cargadas de lecturas ben interesantes, nos diferentes idiomas: galego, castelán e inglés.

Boa viaxe!!





1/11/23

OS RETOS DE REPEPEPICO

 

Este curso retomamos unha proposta de dinamización que funcionou moi ben e que os nenos/as seguían demandando: "Os retos de Repepico"

No mes de outubro apareceu o primeiro reto, que consistía en descifrar os títulos duns libros da nosa biblioteca a través das súas portadas distorsionadas e de unha pequena pista.

 



Rematado o mes temos xa a solución ó reto, cantos adiviñarían??