O CAMIÑO DE SANTIAGO

20/10/15

OLAAAAAA!!!!!!
Xa estamos aquí outra vez!!
A verdade é que nas vacacións paseino ben, pero aburrinme un pouco aquí eu só...
Pero agora xa está aquí todo o equipo traballando!!!
Sabedes sobre que imos traballar este curso?

10/6/15

sextilibros

Sextilibros máis votados:

1º CARTA NA HABANA
2º ESPIONAXE EN PARÍS
3º EN BUSCA DA PEDRA AZUL
4º O DIARIO DO MEU MELLOR AMIGO
5º UNHA FUTURA BAILARINA

5/5/15

DÍA DO LIBRO

E seguen a traballar!!
Ao rematar a celebración da poesía fixeron un "photo call" na biblioteca. Por alí pasou todo o alumnado e o profesorado  posando para facer o seu marcador .
Aquí tendes o resultado.....

27/4/15

DA MAN DE ROSALÍA CHEGAMOS Á POESÍA

Canto traballan nesta biblio!!
Aínda non ben pasou o Entroido empezaron a pensar como celebrar o día de Rosalía de Castro e o Día da poesía. Despois de darlle moitas voltas decidiron empezar a traballar nas aulas sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro para rematar facendo un gran recital na biblioteca o  Día da poesía. Ademais tivemos aportacións de outras persoas. Vouvos contar o que pasou:
O día 23 de marzo visitounos Rosalía de Castro!!!!...non en persoa! eran os membros do grupo de teatro "Paralada" de A Barquiña. Contáronnos moitas cousas da súa vida e recitáronos variso dos seus poemas.
Ao día seguinte tocoulle aos nenos e nenas do cole. Fixeron un montón de cousas: Recitaron, cantaron, e representaron....sempre pensando en Rosalía e na súa poesía.
Os nenos e nenas de infantil fixeron A Gaceta de Rosalía

Os de primeiro elaboraron este Telepoesía

E todos os demais alumnos e alumnas do cole recitaron cantaron e falaron de Rosalía de Castro.












16/3/15

Xa xa, moito tempo sen aparecer por aquí, pero estiven moi moi ocupado preparando os disfraces do entroido. Por certo foi unha festaza...tódolos nenos/as de romanos, indios, chinos, precolombinos...pasámolo moi moi ben, e despois do desfile coma sempre comemos os ricos postres típicos. Para confirmar que todo que digo e verdade so tendes que ver as fotos que vos mostro nesta presentación.