O CAMIÑO DE SANTIAGO

25/10/23

DÍA DAS BIBLIOTECAS- 24 DE OUTUBRO

Dende a nosa biblio conmemoramos o día das bibliotecas, agasallando ó alumnado cun libro que podían escoller das estanterías postas nos corredores dos edificios e ADOPTAR para sempre.

Ademais os nosos voluntarios fixeron un traballo sobre varias das bibliotecas máis importantes do mundo que se proxectará nas aulas para ensinarlla ó resto do alumnado.

Feliz día das bibliotecas!!