O 17 de maio é o Día das letras Galegas, este ano
dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. O alumnado de 6º curso creou
tres caricaturas do autor, para que o alumnado de Educación Infantil as pintase
utilizando como inspiración o estilo Pop Art. Así quedaron estas bonitas
obras...
No expositor da biblioteca tedes a vosa disposición algúns libros sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán para que gocedes coa súa lectura.
E si queredes seguir aprendendo máis, aquí tedes estes enlaces interesantes sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Tamén vos deixamos unha mostra dos marcapáxinas conmemorativos que se fixeron con motivo da celebración do Día das letras Galegas.
Por último, e para rematar a semana dedicándoa ás nosas Letras Galegas. Fixemos pescudas na casa sobre o tema da nosa PDI “a Navegación”, aportando en tarxetas: poemas, refráns, cancións, expresións, frases feitas, vocabulario… en galego e relacionado co tema de estudo. Con estas tarxetas, creamos unha exposición na entrada do colexio que logo formará parte da nosa biblioteca para poder desfrutar de todo o catálogo atopado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario