Realizamos diferentes actividades para
conmemorar esta data tan importante.
µ
En primeiro lugar colocamos na
entrada do colexio un mural coa imaxe de Mª Victoria Moreno lendo un libro.
µ
Apadriñamentos lectores: Por
primeira vez levamos a cabo os padriñamentos lectores, emparellando cursos da
seguinte maneira:
Ø Alumnado de 5º e 6º de primaria co alumnado de E. Infantil
Ø Alumnado de 4º de primaria co alumnado de 2º curso
Ø Alumnado de 3º de primaria co alumnado de 1º curso.
O alumnado dos cursos superiores levou unha
invitación aos seus posibles afillados lectores preguntándolles se querían ser
os seus afillados lectores, os pequenos responderon e o día indicado os maiores
foron buscar aos seus afillados lectores, saíron ao patio con eles e léronlles
o libro que previamente escolleran e prepararan nas aulas.
A experiencia resultou moi satisfactoria para
todas e todos.
Apadriñamentos terceiro on PhotoPeach
Apadriñamentos cuarto on PhotoPeach
apadriñamento 5ºA on PhotoPeach
Apdriñamentos 6º A on PhotoPeach
Apadriñamentos 6ºB on PhotoPeach Apadriñamentos 5ºB Infantil D on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario