O CAMIÑO DE SANTIAGO

27/4/15

DA MAN DE ROSALÍA CHEGAMOS Á POESÍA

Canto traballan nesta biblio!!
Aínda non ben pasou o Entroido empezaron a pensar como celebrar o día de Rosalía de Castro e o Día da poesía. Despois de darlle moitas voltas decidiron empezar a traballar nas aulas sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro para rematar facendo un gran recital na biblioteca o  Día da poesía. Ademais tivemos aportacións de outras persoas. Vouvos contar o que pasou:
O día 23 de marzo visitounos Rosalía de Castro!!!!...non en persoa! eran os membros do grupo de teatro "Paralada" de A Barquiña. Contáronnos moitas cousas da súa vida e recitáronos variso dos seus poemas.
Ao día seguinte tocoulle aos nenos e nenas do cole. Fixeron un montón de cousas: Recitaron, cantaron, e representaron....sempre pensando en Rosalía e na súa poesía.
Os nenos e nenas de infantil fixeron A Gaceta de Rosalía

Os de primeiro elaboraron este Telepoesía

E todos os demais alumnos e alumnas do cole recitaron cantaron e falaron de Rosalía de Castro.












No hay comentarios:

Publicar un comentario