O CAMIÑO DE SANTIAGO

26/5/25

TALLER ARXILA

Dende a biblioteca organizamos diferentes talleres de arxila.

O alumnado podía anotarse para participar de forma voluntaria e durante varias sesións na hora do recreo, levouse a cabo durante 3 semanas nas que se organizaron por grupos de idade e nivel e tivo moita participación.


Crearon estes fermosos chaveiros sobre o universo, moi relacionado co tema do noso PDI.





21/5/25

TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS

 Na biblioteca asistimos ó teatro sobre as Letras Galegas que prepararon os nenos e nenas de terceiro e cuatro de primaria, para todo o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.

Tamén interpretaron con música e son da pandeireta diferentes cantigas galegas.




19/5/25

COMPOSICIÓN POLAS LETRAS GALEGAS

Despois do bosquexo que fixo o alumnado de sexto de educación primaria, as aulas educación infantil decoraron a imaxe e compuxeron un bonito collage polo día das letras galegas.



12/5/25

LETRAS GALEGAS 2025

 Xa temos na nosa biblioteca, algunhas suxestións de lectura para conmemorar o día das Letras Galegas, que este ano están adicadas as CANTAREIRAS.

Desexamos que vos gusten!



9/5/25

CONTACONTOS " UN BECHO ESTRAÑO"

Este venres volvemos desfrutar dunha sesión de contacontos, desta vez os en
cargados foron dous voluntarios de 5º. 

Preparon previamente a súa narración e trouxeron un bonito boneco para atraer a atención do público.

Así foi como puidemos ver converserse aquel becho estraño... nun rato!!