Grazas a doazon dunha mestra compañeira, temos novas adquisións en poesía na nosa biblioteca que de seguro lles gustarán ó noso alumnado.
30/4/25
UN POUCO DE POESÍA
28/4/25
NIÑOS NO PATIO
Cas novas lecturas para o niño do patio de Educación Infantil e o bo tempo, os nenos/as están moi animados/as...
25/4/25
SEMANA DE XOGOS
Continuamos coas semanas de xogos, e desta vez tocou... ZE MIRROR images, un xogo de reflexos perfecto, onde todo se transforma e as imaxes aparecen como por arte de maxia.
NOVIDADES
Repepico chegou moi cheo de novidades a nosa biblioteca!!
Podedes pasar a ler, hai temáticas moi variadas: ciencias, narrativa, inclusiva, inglés, música, biografías e tamén algunha cousiña relacionada co noso PDI.
24/4/25
LECTURAS COMPARTIDAS
10/4/25
CONTACONTOS "A VACA QUE PUXO UN OVO"
Este pasado mércores tivo lugar outra sesión de contacontos, ao que podía asistir quen estivese interesado/a, en horario de recreo na nosa biblioteca.
Este grupo de voluntarios/as, prepararon e organizaron a sesión, dándolle o seu toque persoal. Tivo gran afluencia e estivo de maravilla.
Atentos porque en breve teremos a outros voluntarios con máis contos...
1/4/25
CONTACONTOS "OS TRES PORQUIÑOS"
Unha vez máis o voluntariado da biblioteca preparou un conto para a hora do recreo. Todo o alumnado que quixo asistiu a biblio para escoitalo. Coma sempre, fixérono de estupendamente!!!